martes, 3 de xuño de 2014

Decálogo pola soberanía galega en clave feminista

Foto de Laura Bugalho

A continuación amosamos ideas clave pra alimentar o debate sobre a emancipación social e nacional do pobo galego, dende un punto de vista feminista.

1.- Coordinación de forzas políticas en clave galega

No seo da sociedade galega teñen que construirse as bases materiais pra propiciar unha confluencia real en torno a un proxecto emancipatorio común. Niste proceso de empoderamiento popular e nacional, hai que facer unha autocrítica constante sobre a invisibilizacón dos colectivos minorizados no espazo público (machismo, LGTBfobia, disfobia, xenofobia, etc.), o papel dos coidados (dobles e triples cargas do traballo, cadena global de coidados, etc.) e a masculinidade hexemónica.

2.- Proceso constituinte

Dende a pedagoxía, o traballo de rúa e o asociacionismo, débense seguir dando pasos na proliferación de palestras e na acumulación de forzas político-sociais, pra constituirmos nun estado proprio, centrándonos tamén na participación interxeracional e intercultural. Desta forma evitamos o illamento das persoas maiores e migrantes, en especial das mulleres e outros colectivos minorizados.

3.- República Galega

A República Galega será feminista ou non será. Reivindicamos a politización dos nosos corpos, os nosos praceres e as nosas expresións estéticas, como eixo principal pra loitar contra as violencias heteropatriarcais. Na República da Galiza todas as identidades minorizadas deben estar chamadas a constituirse soberanamente en suxetos políticos activos, erradicando dobles e triples discriminacións. Diste xeito faguemos do matriotismo social a materialización da ferramenta feminista en clave galega.

4.- Soberanías

Reivindicamos a interdependencia mutua e recíproca de tódalas soberanías (económica, afectivo-sexual, cultural, ecolóxica, enerxética, alimentar...). Ou avanzan todas, ou non avanza ningunha. Temos que exercer as soberanías enerxética, ecolóxica e alimentar, como bases pra construción dunha economía local forte, o sosteñemeneto dunha vida digna e o futuro das biodiversidades.

5.- Municipalismo e comarcas

É necesario non esquecer a tradición democrática do parroquialismo, o movemento mancomunado e todo tipo de xuntanzas locais que xurden en torno a defensa do benestar, do territorio e da dignidade da poboación. Compre profundizar na visibilización que históricamente tiveron e teñen as mulleres na defensa das comarcas, a soberanía dos montes e o sosteñemento material da vida.

6.- Lingua

Temos que loitar pola visibilización de tódalas manifestacións que ten a lingua galega, pra non esquecer a responsabilidade que té o idioma na construción e sosteñemento da cultura e a política do país, e faguendo fincapé na linguaxe inclusiva. A lingua galega debe seguir profundizando no artellamento do espazo común que internacionalmente é a lusofonía, sempre tendo en conta as particularidades e xiros do galego nas súas diferentes expresións, e visibilizando as realidades históricamente estigmatizadas (gheada, seseo, etc.).

7.- Memoria histórica

A Memoria histórica dun país é o patrimonio inmaterial do pobo. A República da Galiza terá que ter sempre como máxima a loita contra a españolización, a amnesia obligatoria e o esquecemento das nosas mártires, exiliadas, dispersadas, etc., pra construirmos un espazo no que poder ollar sempre hacia ó frente, coa participación explícita das persoas agredidas polo heteropatriarcado, sempre presente a loita internacionalista contra ó feminicidio.

8.- Cultura popular e patrimonio

A participación activa das mulleres en tódalas expresións culturais e patrimoniais, será clave na construción e consolidación da cultura e do patrimonio do país, esí como unha regaleguización ampla en clave feminista. Promocionaranse os feminismos no seo duns medios de comunicación feministas, críticos e nacionalistas de esquerdas. A recuperación do patrimonio inmaterial do rural deberá ser un eixo prioritario, a República da Galiza deberá pór en valor a participación de tódalas persoas na cosmovisión labrega e mariñeira, sendo garante en todo momento dun laicismo real.

9.- Galiza Estremeira ou Franxa Leste

Estrecharanse lazos con tódalas comunidades galegofalantes que linden xeográficamente coa República da Galiza, faguendo especial fincapé na cooperación entre as mulleres e a creación de espazos comúns que faciliten a consolidación da galeguidade, sempre en situación de voluntariedade e de apoio recíproco.

10.-Diáspora nacional

Reivindicamos a Galiza Exterior como unha realidade sociopolítica particular. Non emigramos, expúlsannos. Baixo esta premisa política, reivindicamos a repolitización e participación, no seo da República da Galiza, de tódalas súas diásporas (peninsular, europeia e transatlántica). Hai que garantizar canles de decisión pra tódalas persoas emigradas, pór en valor as galeguidades, crear novos espazos de interlocución entre a Galiza Interior e a Galiza Exterior.

Por unha República Galega, Feminista e de Esquerdas! 
Por unha República lurpia!

Ningún comentario:

Publicar un comentario